Os teus primeiros pasos - Tus primeros pasos

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo

Os teus primeiros pasos - Tus primeros pasos

Envío por coegho el Xov Feb 06, 2014 9:25 am

Tutorial en galego:

Neste tutorial darase unha introdución sobre todo o que hai que coñecer para poder sobrevivir neste servidor e disfrutar dunha boa experiencia de xogo. Aconséllase lelo enteiro antes de comezar a xogar, morrer innecesariamente, perder todos os obxectos e queixarse aos administradores.


Introdución: un pé diante do outro
En primeiro lugar, daremos por feito que sabes como moverte máis ou menos ben co Minecraft. En caso de que non sexa así, suxerímoste que xogues uns 15-20 minutos antes en modo de 1 xogador para afacerte aos controis. Podes atopar bos puntos de referencia aquí:
Cómo xogar: primeiros pasos (oficial)
Wiki do Minecraft


Dentro do servidor: rexistrarse e loguearse
As contas oficiais de Minecraft custan cartos. Pero non tantos. Nós suxerímoche encarecidamente que merques unha conta oficial de Minecraft (podes mercala aquí por 20€), xa que isto che permitirá ter un launcher oficial que non vai fallar a cada versión, pór a skin personalizada que elixas (nós non che proporcionaremos skins no servidor), e colaborarás co desenvolvemento do xogo por parte dos programadores.
Sexa como sexa, o certo é que este é un servidor offline, polo que tecnicamente non sería preciso ter conta oficial para xogar. Isto ten o problema de que calquera podería empregar un launcher pirata para suplantar a outros. A solución é ben sinxela: rexistrarse e loguearse no propio xogo mediante comando.
Unha vez entres no xogo por primeira vez, verás que non te podes mover nin falar. Como indica a mensaxe que aparece por pantalla, tes que rexistrarte. O comando é ben sinxelo:

Código:
/register <contrasinal> <contrasinal>

É preciso introducir o contrasinal dúas veces seguidas. Por exemplo, se como contraseña queres usar "abcdef":

Código:
/register abcdef abcdef

Se pasas demasiado tempo sen rexistrarte, serás expulsado do servidor e terás que volver a entrar.
Unha vez te rexistres, xa poderás moverte libremente. Podes esquecerte do comando /register, non o volverás a utilizar. Se nalgún momento te desconectas e volves a conectarte, o máis probable é que te esixan que te loguees. O único que terías que facer sería poñer:

Código:
/login <contrasinal>

No exemplo anterior:

Código:
/login abcdef

Un simple comando do que non te poderás esquecer (tranquilo, o propio servidor lembraracho mediante mensaxes).


Xa sabes quen es, agora toca situarse
Unha vez rexistrado atoparaste no alto dunha alta torre. É a Torre de Spawn, onde todos comezan a súa aventura. A torre está situada no medio dun gran lago, e é totalmente irrompible e inaccesible dende o chan.
Unha vez aquí podes atoparte en dúas situacións distintas:

Chegaches ao servidor por medio duns amigos, fixeches unha doazón, os teus amigos queren meterte na súa vila, e están conectados
Tes a sorte de ter xa un refuxio co que contar. Se os teus amigos están conectados, agarda a que che envíen unha petición para unirte á súa vila. Cando chegue, simplemente abre o chat e pon /accept. Unha vez esteas dentro da vila, só tes que morrer para aparecer na vila. Podes saltar da torre e caer no chan, afogar no lago, ou simplemente poñer /suicide. Como gustes.
Este é o modo máis sinxelo de xogar, posto que lles podes preguntar o que precises aos do teu pobo.

Ninguén te invitou á vila, os teus amigos non están conectados, non fixeches ningunha doazón, ou simplemente queres ir por libre
Parece que che toca valerte por ti mesmo. Colle algo de impulso e da un chimpo dende o alto da torre, con coidado de non caer no duro chan. Cando esteas na auga, nada ata que atopes terra firme na dirección que queiras.
O noso principal consello e que se te vas asentar escollas unha zona o máis alonxada posible da Torre de Spawn. Se estás disposto a camiñar ata que vexas o sol saír e poñerse varias veces, faino sen dubidalo. Os demais xogadores saben ben como chegar á Torre de Spawn, e estarán moito mellor armados ca ti. E a algúns encántalles cazar novatos. Non esquezas que este é un servidor PvP! E se vas construir algo de valor (unha casa, por exemplo), faino sempre moi lonxe da torre e ás agachadas. A estas alturas de xogo os teus edificios son totalmente vulnerables a un ataque inimigo. Xa construirás algo ben visible e que impoña respeto cando teñas ouro que o protexa (diso se falará máis adiante).
Outra opción é ser eternamente un nómada. Se te decantas por isto, fai o que che pete. Total, non tes fogar que perder. Se decides xogar a este servidor sen facer ningunha doazón, esta é a mellor opción, xa que non poderás facer unha vila ata que dones a cantidade mínima ao servidor (normalmente 2€).


Falando barato: breve guía ao chat
Neste servidor non existe o chat global como tal. Pero hai alternativas. Todo xogador pode empregar o chat local, que se escoita en principio a 32 bloques de distancia. Aparte, os xogadores que pertenzan a vilas e nacións poden empregar o chat de vila e o chat de nación, respectivamente, e estes últimos terán dispoñible ademais o chat de coalición.


  • Chat local: Selecciónase por defecto, noutro caso selecciónase co comando /lc. Permite falar a certa distancia. Engadindo ! diante do texto duplícase o seu alcance pero gástase medio punto de fame. Engadindo ! adicionais duplícase o seu alcance as veces indicadas, pero o custo de fame tamén se duplica por cada símbolo. Engadindo $ diante do texto o alcance diminúe á metade, e tamén poden engadirse varios $ consecutivos (sen gasto de fame).
  • Chat de vila: Selecciónase con /tc. Só os membros da mesma vila poden ler o que se escriba por este chat. Este chat ten un alcance ilimitado, e pode empregarse como medio de comunicación incluso entre mundos distintos (por exemplo, dende o Nether).
  • Chat de nación: Selecciónase con /nc. Similar ao anterior pero para os membros da mesma nación. O límite deste alcance é o mundo actual (non se poden enviar mensaxes do Nether ao mundo normal con este chat).
  • Chat de coalición: Unha innovación deste servidor sobre o plugin TownyChat. Selecciónase con /cc. Cando se envía unha mensaxe por esta canle, todos os membros da mesma nación e de nacións aliadas a recibirán.


Aparte disto, pódese usar o comando /tell para mandar mensaxes privadas a un xogador concreto.
Nun futuro está pensado engadir sistemas de radio de larga distancia para suplir a carencia do chat global.

Economía do servidor
No servidor o recurso que sirve como moeda é o ouro. Non o ouro en lingotes en si mesmo, senón as pebidas de ouro (por cada lingote pódense sacar 9). O diñeiro que teñas nun momento dado será en principio a cantidade de pebidas que leves no inventario. Pola súa parte, unha esmeralda equivale a 50 pebidas, así que se levas tres no inventario será como levar 150 pebidas, por exemplo.
Un modo de contar diñeiro coma teu sen levalo enriba todo o día é facer un vault. Un vault é simplemente un cofre marcado coma tal. Para facelo, sitúa un cofre nalgún lugar (a poder ser ben escondido), e pon enriba un cartel no que poñas [vault] na primeira liña (cos corchetes incluídos). Se tes problemas en poñer o cartel (por exemplo, se abres o cofre sen querer), mantén pulsado Shift mentres o pos. Se o fixeches ben, aparecerá o teu nome no cartel. Todo o diñeiro que metas no vault se sumará ao que levas enriba para calcular os teus efectivos.
O diñeiro no servidor só sirve para unha cuestión: vilas e nacións. Podes usalo para crear vilas e nacións, aumentar o tamaño das vilas, ou invadir vilas inimigas.


A terra prometida: facendo un asentamento
Esta sección é exclusiva para xogadores que fixeran unha doazón. Se non doaches nada e non tes interese en facelo, podes pasar dela.
Se tes a intención de fundar unha nova vila, esta sección interésache. Se pola contra tes pensado estar nunha vila xa creada, podes pasar á seguinte sección.
Xa atopaches o lugar idóneo no que construír a túa vila. Antes de comezar a construír para adiante, ten en conta isto: ningún territorio está protexido das mans inimigas ata que sexa considerado unha vila oficialmente.
Como se funda unha vila? Antes de nada tes que saber o que é un plot. Un plot (equivalente aos chunks para os que xa estean habituados aos tecnicismos do Minecraft) é unha porción de terra, que abarca 16x16 bloques, e que a nivel vertical abarca todo (dende o máis profundo do subsolo ata o máis alto do ceo). É dicir, 16x16x255 bloques. O mundo está dividido en plots.
Sabendo isto, tes que ter en conta outra cousa: precisas ouro para facer unha vila. 250 pebidas exactamente. Cando o teñas contigo (sexa porque o levas enriba ou porque está nun vault), sitúate no plot que será o punto de orixe da vila e pon o seguinte comando:

Código:
/town new <nome>

Onde <nome> é o nome que lle vas a dar á vila. Se todo foi ben, a túa vila será creada nese mesmo momento, e ti pasarás a ser o seu alcalde.
Para introducir diñeiro na vila tes que crear un vault para ela. Funciona igual que cos vaults persoais (mira de novo a sección economía do servidor), pero poñendo [town vault] en lugar de [vault]. Non esquezas facer isto antes de intentar depositar diñeiro, ou correrás o risco de perdelo sen remedio.

Aprendendo a convivir: vivir nunha vila
Esta sección é exclusiva para xogadores que fixeran unha doazón. Se non doaches nada e non tes interese en facelo, podes pasar dela.
As vilas son lugares relativamente seguros onde vivir. Por defecto os estranxeiros non poden romper bloques nelas, o cal fainas bastante seguras. Aparte diso, son inmunes a explosións e dentro delas non poden aparecer monstruos. Non obstante, o lume pode espallarse ata elas de forma natural, de modo que coidado con poñer materiais inflamables preto dos bordes da vila.
Cando formas parte dunha vila como residente, terás permisos especiais sobre os bloques pertenzan a dita vila. O alcalde encárgase de estipular estes permisos, tanto para residentes como para aliados ou foráneos. Os permisos básicos son 4: construír, destruír, conmutar e usar obxecto.
O permiso de construír (build) e o de destruír (destroy) fan o que o seu nome indica: permiten poñer ou quitar bloques na vila, respectivamente.
O permiso de conmutar (switch) permite pulsar botóns de pedra e pisar placas de presión de pedra. Calquera que non teña estes permisos non poderá activar estes interruptores. Ademais tamén permite acceder a fornos e dispensadores. Pero non o esquezas: calquera pode abrir cofres, abrir portas de madeira, activar pancas, ou pulsar botóns e placas de presión de madeira, sexan ou non da vila. (Consello: se queres asegurar unha zona da vila, pon unha porta de ferro que se abra mediante un botón de pedra ou un pulsador de pedra)
O permiso de usar obxecto (item_use) permite empregar chisqueiros, canas de pescar, cubos, etc. na vila.
O alcalde ten varios permisos adicionais que os demais residentes non teñen. Podes atopar unha lista de comandos aquí:
Lista de comandos de Towny
Se nalgún momento queres abandonar a vila, o comando é o seguinte:

Código:
/town leave



A unión fai a forza: fundar unha nación
Chega un momento no que unha ou varias vilas deciden que deben facer unha estructura máis grande. Sexa unha nación, un reino ou imperio, da igual, o funcionamento é o mesmo. Un dos alcaldes debe executar o seguinte comando:

Código:
/nation new <nome>

O alcalde que crea a nación pasará a ser o rei. As nacións resérvanse o dereito de cobrar impostos ás vilas que as compoñen, e teñen a capacidade de entrar en guerra unhas coas outras. Aparte, o rei pode asignar títulos reais a todos os membros da nación, os cales aparecerán xunto co seu nome no chat. Podes atopar unha lista de comandos aquí:
Lista de comandos de Towny


Aprendendo a convivir II: atacar a outras vilas
Hai dúas formas de atacar a unha vila: facer meros saqueos ou invadila oficialmente.
Para saquear unha vila basta con conseguir colarse nela. Isto pode ser complicado tendo en conta que non se poden romper bloques. Unha vez dentro, podes abrir todos os cofres que teñan á vista, e tamén podes arrasar os seus cultivos (estes non están protexidos sexan cales sexan). Isto pódese facer en calquera momento, pero non se aseguran resultados se a vila atacada está ben protexida.
Invadir unha vila é máis complicado. Para invadir oficialmente unha vila téñense que cumplir tres requisitos:


  • A vila ten que pertencer a unha nación inimiga da nación propia.
  • O invasor debe ter 10 pebidas de ouro consigo (ou nun vault).
  • Debe haber polo menos dous xogadores da vila e tres da nación conectados (nos tres da nación están incluídos os dous da vila). Tamén deben haber o mesmo número de xogadores conectados na vila e na nación do invasor.


Se todos os requisitos se cumplen, o que ten que facer o invasor é levar consigo un valado e poñelo en territorio inimigo (non importa que non teña permiso para construír); debe tratarse nun plot do borde da vila. Nese momento se lle cobrarán 10 pebidas, o valado transformarase en bandeira (con lá enriba) e o plot pasará a estar en guerra. Nun plot en guerra, calquera habitante da nación invasora poderá situar TNT ou escaleiras de man, e terá habilitado o permiso de usar obxectos. Ademais, no plot en cuestión se desactivará a protección contra explosións (pero o dano feito por explosións pode rexenerarse co tempo).
A invasión deterase no momento no que alguén rompa a lá da bandeira.


Tutorial en castelán:

En este tutorial se hará una introducción sobre todo lo que hay que saber para sobrevivir en este servidor y disfrutar de una buena experiencia de juego. Se aconseja leerlo entero antes de empezar a jugar, morir innecesariamente, perder todos los objetos y quejarse a los administradores.


Introducción: un pie delante del otro
En primer lugar, daremos por hecho que saber cómo moverte más o menos bien en el Minecraft.En el caso de que no sea así, te sugerimos que juegues unos 15-20 minutos antes en modo de 1 jugador para acostumbrarte a los controles. Puedes encontrar buenos puntos de referencia aquí:
Cómo jugar: primeros pasos (oficial)
Wiki del Minecraft


Dentro del servidor: registrarse y loguearse
Las cuentas oficiales Minecraft cuestan dinero. Pero no tanto. Nosotros te sugerimos encarecidamente que compres una cuenta oficial de Minecraft (puedes comprarla aquí por 20 €), ya que esto te permite tener un launcher oficial que no fallará en cada versión, poner la skin personalizada que elijas (nosotros no te proporcionaremos skins en el servidor), y colaborarás con el desarrollo del juego por parte de los programadores.
Sea como sea, lo cierto es que este es un servidor offline, por lo que técnicamente no tendrías que tener cuenta oficial para jugar. Esto tiene el problema de que cualquier persona podría utilizar un launcher pirata para suplantar a otros. La solución es sencilla: registrarse y loguearse en el propio juego mediante comando.
Una vez entres en el juego por primera vez, verás que no puedes moverte ni hablar. Como se indica en el mensaje que aparece por pantalla, tienes que registrarte. El comando es simple:

Código:
/register <contraseña> <contraseña>

Es necesario introducir la contraseña dos veces seguidas. Por ejemplo, si como contraseña quieres usar "abcdef":

Código:
/register abcdef abcdef

Si pasas demasiado tiempo sin registrarte, serás expulsado del servidor y tendrás que volver a entrar.
Una vez te registres, ya podrás moverte libremente. Podrás olvidarte del comando /register, no lo volverás a utilizar. Si en algún momento te desconectas y vuelves a conectarte, lo más probable es que te exijan que te loguees. Lo único que tendrías que hacer sería escribir:

Código:
/login <contraseña>

En el ejemplo anterior:

Código:
/login abcdef

Un simple comando del que no te podrás olvidar (tranquilo, el propio servidor te lo recordará mediante mensajes).


Ya sabes quién eres, ahora toca situarse
Una vez registrado te encontrarás en lo alto de una alta torre. Es la Torre de Spawn, donde todos comienzan su aventura. La torre está situada en el medio de un gran lago, y es totalmente irrompible e inaccesible desde el suelo.
Una vez aquí podrás encontrarte en dos situaciones distintas:

Llegaste al servidor por medio de unos amigos, hiciste una donación, tus amigos quieren meterte en su pueblo, y están conectados
Tes la suerte de tener ya un refugio con el que contar. Si tus amigos están conectados, espera a que te envíen una petición para unirte a su pueblo. Cuando llegue, simplemente abre el chat y pon /accept. Una vez estés oficialmente dentro del pueblo, sólo tendrás que morir para aparecer en el pueblo físicamente. Puedes saltar de la torre y caer en el suelo, ahogarte en el lago, o simplemente poner /suicide. Como gustes.
Este es el modo más sencillo de jugar, puesto que les puedes preguntar lo que necesites a tus vecinos.

Nadie te invitó a su pueblo, tus amigos no están conectados, no hiciste ninguna donación, o simplemente quieres ir por libre
Parece que te toca valerte por ti mismo. Coge algo de impulso y pega un salto desde lo alto de la torre, con cuidado de no chocar contra el duro suelo. Cuando estés en el agua, nada hasta que encuentres tierra firme en la dirección que quieras.
Nuestro principal consejo es que si te vas a asentar escojas una zona lo más alejada posible de la Torre de Spawn. Si estás dispuesto a caminar hasta que veas al sol salir y ponerse varias veces, hazlo sin dudarlo. Los demás jugadores saben bien cómo llegar a la Torre de Spawn, y estarán mucho mejor armados que tú. Y a algunos les encanta cazar novatos. ¡No olvides que este es un servidor PvP! Y si vas a construir algo de valor (una casa, por ejemplo), hazlo siempre muy lejos de la torre y a escondidas. A estas alturas del juego tus edificios son totalmente vulnerables a un ataque enemigo. Ya construirás algo bien visible y que imponga respeto cuando tengas oro que lo proteja (de eso se hablará más adelante).
Otra opción es ser eternamente un nómada. Si te decantas por esto, haz lo que te dé la gana. Total, no tienes hogar que perder. Si decides jugar a este servidor sin hacer ninguna donación, esta es la mejor opción, ya que no podrás hacer un pueblo hasta que dones la cantidad mínima al servidor (normalmente 2€).


Parloteando: breve guía al chat
En este servidor no existe el chat global como tal. Pero hay alternativas. Todo jugador puede emplear el chat local, que se escucha en principio a 32 bloques de distancia. Aparte, los jugadores que pertenezcan a pueblos y naciones pueden emplear el chat de pueblo o el chat de nación, respectivamente, y estos últimos tendrán disponible además el chat de coalición.


  • Chat local: Se selecciona por defecto, en otro caso se selecciona con e lcomando /lc. Permite hablar a cierta distancia. Añadiendo ! delante del texto se duplica su alcance pero se gasta medio punto de hambre. Añadiendo ! adicionales se duplica su alcance las veces indicadas, pero el coste de hambre también se duplica por cada símbolo. Añadiendo $ delante del texto el alcance disminuye a la mitad, y también pueden añadirse varios $ consecutivos (sin gasto de hambre).
  • Chat de pueblo: Se selecciona con /tc. Sólo los miembros del mismo pueblo pueden leer lo que se escriba por este chat. Este chat tiene un alcance ilimitado, y puede emplearse como medio de comunicación incluso entre mundos distintos (por ejemplo, desde el Nether).
  • Chat de nación: Se selecciona con /nc. Similar al anterior pero para los miembros de la misma nación. El límite de este alcance es el mundo actual (no se pueden enviar mensajes del Nether al mundo normal con este chat).
  • Chat de coalición: Una innovación de este servidor sobre el plugin TownyChat. Se selecciona con /cc. Cuando se envía un mensaje por este canal, todos los miembros de la misma nación y de naciones aliadas lo recibirán.


Aparte de esto, se puede usar el comando /tell para mandar mensajes privados a un jugador concreto.
En un futuro está pensado añadir sistemas de radio de larga distancia para suplir la carencia del chat global.

Economía del servidor
En construcción

La tierra prometida: haciendo un asentamiento
Esta sección es exclusiva para jugadores que hayan hecho una donación. Si no has donado nada y no tienes interés en hacerlo, puedes pasar de ella.
En construcción

Aprendiendo a convivir: vivir en un pueblo
Esta sección es exclusiva para jugadores que hayan hecho una donación. Si no has donado nada y no tienes interés en hacerlo, puedes pasar de ella.
En construcción


La unión hace la fuerza: fundar una nación
Esta sección es exclusiva para jugadores que hayan hecho una donación. Si no has donado nada y no tienes interés en hacerlo, puedes pasar de ella.
En construcción


Aprendiendo a convivir II: atacar a otros pueblos
Esta sección es exclusiva para jugadores que hayan hecho una donación. Si no has donado nada y no tienes interés en hacerlo, puedes pasar de ella.
En construcción

avatar
coegho

Cantidade de envíos : 17
Fecha de inscripción : 06/02/2014

Ver perfil de usuario http://11.mcserver.org

Volver arriba Ir abajo

Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro