Obxectivos do servidor / Objetivos del servidor
Páxina 1 de 1 • Comparte •
Obxectivos do servidor / Objetivos del servidor
Este servidor non é un servidor máis do Minecraft. Ten uns obxectivos ben claros que se manterán e serán determinantes á hora de facer modificacións e tomar decisións.
La traducción al castellano se redactará próximamente
- Este servidor é un servidor galego. O servidor protexerá a lingua propia de Galicia, que é o galego, polo que todas as notificacións oficiais estarán escritas nesa lingua, e os plugins estarán traducidos ao galego dentro do posible. Non obstante, tamén se ofrecerá a súa tradución ao castelán sempre que sea posible para ampliar o público potencial do servidor. Por suposto, dentro do servidor cada xogador poderá expresarse na lingua que desexe sen ningunha restricción en todo momento.
- O mundo do servidor está deseñado de forma que ofreza unha experiencia o máis aproximada posible ao Survival puro, pero con plugins e engadidos para evitar os abusos característicos do modo multixogador. O mundo está principalmente baseado no plugin Towny, pero algunhas proteccións típicas do Towny están deshabilitadas para facilitar o conflito ingame entre xogadores (por exemplo, os cofres non están protexidos), e os mobs non desaparecen ao entrar nunha vila). En ningún momento se introducirán plugins que proporcionen facilidades ao xogadores, e calquera plugin que axilice tarefas que poidan replicarse máis lentamente a man, non se introducirá baixo ningunha circunstancia. Pola contra, os plugins que dificulten as cousas introducindo problemas realistas propios do mundo real serán ben recibidos. Non obstante, non se descarta a posibilidade de introducir outros mundos adicionais no servidor cunhas normas máis flexibles no futuro (como por exemplo un mundo creativo).
- O servidor ten un custo para manterse operativo. Non se requerirá pagar a ninguén para poder xogar, pero sempre haberá características que só se poderán disfrutar facendo unha pequena donación para manter o servidor (por exemplo, as vilas do Towny). Aparte disto, é posible que no futuro se introduzan modos de pago para ofrecer outro tipo de vantaxes (por exemplo, recibir ouro ou poder entrar en mundos adicionais).
- Os xogadores poden ser sancionados se se aproveitan de bugs e exploits do servidor ou dos plugins para beneficiarse ou para perxudicar a outros xogadores. Tamén se intentan enganar aos moderadores. As trampas realizadas inrol (por exemplo, incumplir promesas a xogadores ou actuar despóticamente nunha vila como alcalde) non incumprirán as regras do servidor, e o seu castigo quedará exclusivamente a cargo dos xogadores.
La traducción al castellano se redactará próximamente
coegho- Cantidade de envíos : 17
Fecha de inscripción : 06/02/2014
Páxina 1 de 1
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro
|
|